domingo, 23 de marzo de 2008

invítovos a que visitedes A Cova Céltica o próximo día 05-04-2008 na NOITE SOLIDARIA ás 19:30, Na rúa do Orzan 82;senon para máis información na web http://www.acovaceltica.com/ ,se non o tedes claro podedes ver unha montaxe que me pon os pelos de punta solo con vela.

A malla


Unha das principais actividades que se facía non so na Galiza ,senón tamén se convertían en nómades que baixaban a Castela para gañar un xornal ,e vela aquí un pouco do traballo a realizar por esta tradición antiquísima do noso país.


sábado, 8 de marzo de 2008

Sobre bilingües e bilingüismo



Galicia Bilingue... Llevemos adelante una cruzada para defender que el español es nuestro idioma.....el gallego para qué? eso sobra, libertad si, no a su imposición. (Vigo Fevereiro 2008 Centro Cultural Caixanova)


Esta e a mensaxe bem concisa e a(s) ideia(s) clara(s) e de xeito ben preciso

Esa é a mensaxe que está no lado escuro da asociación de Galicia Bilíngue, ese é o empático nome que o Partido Popular está usando, logo do fracaso de outras siglas, para mobilizar as bases mais reaccionárias e fascistas españolas , nom tanto na Galiza, senom tamém no resto do estado, pois a mensaxe subliminal que leva o nome e o discurso que se acompaña, serve para amosar as ameazas que por aqui e a conta do idioma padece a sacrosanta unidade de Espanha, como diria o cardeal arcebispo de Madrid D. Rouco Varela; e todo iso contra unha política linguística do governo galego que infelizmente nom é moito mais diferente, que a própia que o Partido Popular do partido popular da Galiza....ahi queda iso.

lunes, 10 de diciembre de 2007

Castelao ,Momenos da vida,......

Eu era cismador e pensatibre a quen a morte gadaña axexaba cos dentes arregañados .No intre de pechalos ollos,para me durmire, un dediño de oso ou máis ben de marfíl que petaba levián na miña testa e o medo facía explosión en min.todalas noites .

Eu morriame do corazón e os médicos non me decían a verdade,porque cicais o meu mal non tiña cura. Visitei un e outro e outro máis ,e todos me dixeron o mesmo:non ten nada.Pero eu sentía o meu corazón debaterse na súa gaiola.como un paxaro entolecido e somentes cando eu ficaba quediño,sen bulir nin chisco,durmía o paxaro do meu peito.
No intre en que os médicos me decian non ten nada sempre aviséi nos seus ollos a pintiña escentilante da mentira a da burla,e un día esgotouseme a miña paciencia e cuspinlle na cara o especialista .....
Dende enton eu vivo no Manicomio.

Hai pouco tempo entróu nesta casa un médico eminente,que anque está tolo conserva enteira a súa sabencia,e consulteime con el .O meu compañeiro examinóume ben e de remate díxome sin chisco de mentira nos ollos:

Ti non tes nada no corazon ;ti estás tolo e nada máis
A ora eu xa sei o que teño san o meu corazón,porque os medicos tolos non menten nin se burlan dos enfermos.
pero...teño unha dubida que me arrepia :
O meu compañeiro dixo que eu estou tolo,e aora compre que ti ,que andas solto consultes o meu caso cun avogado e que che diga se un medico tolo ten dereito a saber de toleiras.

moitas apertas de teu amigo.

P.D- Contéstame axiña porque quero saber si estou tolo ou non.

lunes, 10 de septiembre de 2007



Ata logo


¡¡¡Fai pouco que Marchou ¡¡¡o señor Manuel como lle dicía meu pai ou o Patrón como dicía meu tío, simplemente papa..,,,Manuel de Ousinde; meu avó, dende neno pensei que non marcharía nunca de meu lado,,, o malo e que medras e che contan a historia de que non e así e asúmelo con pesar,pero non o pensas¿cantas historias me contaría?buf¡¡¡o que podo dicir del que sei e que cando era neno tería entre 10 anos ou 11 morreralle a nai de tuberculose,seu pai casouse e polo visto abandonouno... e seguía a vivir na casa onde nacera coas súas tías,tivo tres fillas mercounos a casa onde vivimos e se miña nai morrera e meu pai se casara con outra muller eu seria eu o dono da casa así puxo na herencia aprendeu moito coa vida que lle queredes o que non queres para ti non queres para teus fillos...e cantos contos aprendeu nas tabernas ,faloume do latín dos canteiros...unha lingua que hoxe están a estudar nas universidades..faloume do coche da funeraria ....aquel coche que viña buscar nos anos de guerra os roxos ou a alguén que lles caia mal os de dereitas ,el conseguiu safar por anos ,aínda que na casa eramos de levar comida o monte ....xa me entendedes....pero por o que vivín teño recordos fermosos de cando era neno,ía con el no tractor e sentarme a conducir no seu colo- caaaaa¡¡¡¡mira que che leva idea jiar como dicía el...sentarme tamén ri va da erva no remolque namentres meus avós segaban a gadaña ,a que cheirume a erva cortada aquel ruído de afiar as follas da gadaña a pedra parecíame imnotico,despois miña avoa recordo que me sacava aquel bocata de nocílla da "maleta do tractor"( e un compartimento onde se gardan ferramentas que vai xusto,na maquina na parte dianteira),acórdome un día con "Camacho" o meu cadelo preferido despistóuseme e o remolque pasoulle por riva ¡¡¡que bronca lle metín a meu avó¡¡¡que non sabes conducir¡¡¡¡que tes que ir máis depácio¡¡¡¡con 7 anos que tiña meu avó sentiuse moi mal iso recordo como se fora hoxe¡¡despois meteuno nun paxe das espigas o carón da lareira e dabámoslle de beber leite e despois recuperouse milagrosamente,porque antes non se chamaba o veterinario por un can, curouse a base de cariño entendo eu porque senón... ,outro tema tamén e que meu avó nunca tivo carnet de conducir ,estaría mais de 24 anos conducindo un 600 de segunda man ata que no 2003 fomos o parque Europa,e mercamos un Aixam un sin carnet,, acórdome da ilusión que nos facía os dous eu podía sacar o carnet de moto e conducilo, e el podía ir os viños a de barreira sen que o multaran e xa non tería que aguantar a miña avoa berrando aquelo de ¡¡¡a onde vas Manueliño,sin carne un vello coma ti ¿non ves que xa non hai reflejos?¡¡¡ ... non sei eu non son de creer non outros mundos como meus avós ,pero dan ganas de creer se eso fai que volvo a ver a meu avó.

sábado, 26 de mayo de 2007


















Le concert

A Hora de gozar da musica sen dubida son os concertos gratuítos que se ofrecen de musica Folk en Galiza, e como non para min os grandes para concertos se chaman La Bottine Souriante un grupo de mestizaxe total onde dende salsa e o reel Irlandés ten cabida. e agora un vídeo De un concerto nas festas da Fragas me parece que ese pouco vin por problemas de falta de motrizidade momentánea.
Repichocadas
Outros dos momentos mais importantes para min foi o contacto real coa musica do noso pais,por desgracia meus pais nunca foron moi musicais como tantos outros, e cando me empecei a interesar descubrín o marabilloso mundo dos concertos en pubs; como algúns que me ben a memoria vividos na cova folk da Coruña entre amigos e cerbexas e xa desaparecida a dia de hoxe ,ou a Casa das Crechas en Copostela que pode ser a dia de hoxe onde podes gozar de ese espírito, un pouco importado de Pubs Dublineses pero con un estilo eminentemente galego.(para mostra un boton)