lunes, 10 de diciembre de 2007

Castelao ,Momenos da vida,......

Eu era cismador e pensatibre a quen a morte gadaña axexaba cos dentes arregañados .No intre de pechalos ollos,para me durmire, un dediño de oso ou máis ben de marfíl que petaba levián na miña testa e o medo facía explosión en min.todalas noites .

Eu morriame do corazón e os médicos non me decían a verdade,porque cicais o meu mal non tiña cura. Visitei un e outro e outro máis ,e todos me dixeron o mesmo:non ten nada.Pero eu sentía o meu corazón debaterse na súa gaiola.como un paxaro entolecido e somentes cando eu ficaba quediño,sen bulir nin chisco,durmía o paxaro do meu peito.
No intre en que os médicos me decian non ten nada sempre aviséi nos seus ollos a pintiña escentilante da mentira a da burla,e un día esgotouseme a miña paciencia e cuspinlle na cara o especialista .....
Dende enton eu vivo no Manicomio.

Hai pouco tempo entróu nesta casa un médico eminente,que anque está tolo conserva enteira a súa sabencia,e consulteime con el .O meu compañeiro examinóume ben e de remate díxome sin chisco de mentira nos ollos:

Ti non tes nada no corazon ;ti estás tolo e nada máis
A ora eu xa sei o que teño san o meu corazón,porque os medicos tolos non menten nin se burlan dos enfermos.
pero...teño unha dubida que me arrepia :
O meu compañeiro dixo que eu estou tolo,e aora compre que ti ,que andas solto consultes o meu caso cun avogado e que che diga se un medico tolo ten dereito a saber de toleiras.

moitas apertas de teu amigo.

P.D- Contéstame axiña porque quero saber si estou tolo ou non.

No hay comentarios: