lunes, 10 de septiembre de 2007



Ata logo


¡¡¡Fai pouco que Marchou ¡¡¡o señor Manuel como lle dicía meu pai ou o Patrón como dicía meu tío, simplemente papa..,,,Manuel de Ousinde; meu avó, dende neno pensei que non marcharía nunca de meu lado,,, o malo e que medras e che contan a historia de que non e así e asúmelo con pesar,pero non o pensas¿cantas historias me contaría?buf¡¡¡o que podo dicir del que sei e que cando era neno tería entre 10 anos ou 11 morreralle a nai de tuberculose,seu pai casouse e polo visto abandonouno... e seguía a vivir na casa onde nacera coas súas tías,tivo tres fillas mercounos a casa onde vivimos e se miña nai morrera e meu pai se casara con outra muller eu seria eu o dono da casa así puxo na herencia aprendeu moito coa vida que lle queredes o que non queres para ti non queres para teus fillos...e cantos contos aprendeu nas tabernas ,faloume do latín dos canteiros...unha lingua que hoxe están a estudar nas universidades..faloume do coche da funeraria ....aquel coche que viña buscar nos anos de guerra os roxos ou a alguén que lles caia mal os de dereitas ,el conseguiu safar por anos ,aínda que na casa eramos de levar comida o monte ....xa me entendedes....pero por o que vivín teño recordos fermosos de cando era neno,ía con el no tractor e sentarme a conducir no seu colo- caaaaa¡¡¡¡mira que che leva idea jiar como dicía el...sentarme tamén ri va da erva no remolque namentres meus avós segaban a gadaña ,a que cheirume a erva cortada aquel ruído de afiar as follas da gadaña a pedra parecíame imnotico,despois miña avoa recordo que me sacava aquel bocata de nocílla da "maleta do tractor"( e un compartimento onde se gardan ferramentas que vai xusto,na maquina na parte dianteira),acórdome un día con "Camacho" o meu cadelo preferido despistóuseme e o remolque pasoulle por riva ¡¡¡que bronca lle metín a meu avó¡¡¡que non sabes conducir¡¡¡¡que tes que ir máis depácio¡¡¡¡con 7 anos que tiña meu avó sentiuse moi mal iso recordo como se fora hoxe¡¡despois meteuno nun paxe das espigas o carón da lareira e dabámoslle de beber leite e despois recuperouse milagrosamente,porque antes non se chamaba o veterinario por un can, curouse a base de cariño entendo eu porque senón... ,outro tema tamén e que meu avó nunca tivo carnet de conducir ,estaría mais de 24 anos conducindo un 600 de segunda man ata que no 2003 fomos o parque Europa,e mercamos un Aixam un sin carnet,, acórdome da ilusión que nos facía os dous eu podía sacar o carnet de moto e conducilo, e el podía ir os viños a de barreira sen que o multaran e xa non tería que aguantar a miña avoa berrando aquelo de ¡¡¡a onde vas Manueliño,sin carne un vello coma ti ¿non ves que xa non hai reflejos?¡¡¡ ... non sei eu non son de creer non outros mundos como meus avós ,pero dan ganas de creer se eso fai que volvo a ver a meu avó.

No hay comentarios: